Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

A maioría dos membros do grupo AGAF forman parte do grupo de innovación docente “Innova Dereito”.

Coordinador

  • Pablo Raúl Bonorino Ramírez

Participantes

  • Rafael Fernández Acevedo
  • Noemí García Gestoso
  • Beatriz Gómez Fariñas
  • Xosé Pacho Blanco
  • Rosa Ricoy Casas
  • Guillermo Suárez Blázquez
  • Patricia Valcárcel Fernández

 

Liñas de actuación

O grupo Innova Dereito pretende aplicar e difundir o uso de ferramentas didácticas non convencionais para o ensino do dereito. A primeira delas xa foi desenvolvida nun proxecto financiado pola nosa universidade e consiste en difundir o uso do debate académico na aula. A outra pretende fomentar o uso da cultura, en particular a cultura popular, como instrumento para o ensino das distintas disciplinas xurídicas.

 

Obxectivos

Os obxectivos que persegue o grupo de traballo son o seguintes:

    • Fomentar o uso do debate na aula para o ensino das diferentes materias xurídicas.
    • Promover o uso dos produtos da cultura popular (cinema, literatura, cómics, series de televisión) para o ensino do dereito.

 

Plan de traballo

Para lograr o primeiro obxectivo proponse continuar co desenvolvemento anual da Liga de Debate da Universidade de Vigo, que xa foi realizada en catro ocasións.

Realizar seminarios e cursos nos que se convide a especialistas de distintas disciplinas xurídicas para os efectos de levar a cabo unha reflexión crítica a partir de produtos diversos da cultura popular, en especial o cinema e a literatura. Nesta dirección o grupo ven organizando o seminario Pensar o cinema, que xa leva nove anos e pretende continuar coa súa impartición anual.

Realizar un encontro anual sobre Dereito e Literatura, que comezará este ano coa organización dun curso sobre Cervantes e o Dereito no campus de Vigo. Pretendemos darlle continuidade e desenvolvelo anualmente sobre distintos temas e con distintas obras literarias como referencia.